A Real Filharmonía de Galicia convida a cidadanía a descubrir as claves da súa nova temporada

Baldur Brönnimann dirixirá a orquestra nun concerto especial e con entrada de balde o xoves 13 de xuño ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia 
 

O director Baldur Brönnimann arranca a súa segunda tempada á fronte da RFG

A Real Filharmonía de Galicia ultima os detalles da temporada de abono 2024-2025 que presentará á cidadanía nun concerto especial o xoves día 13 de xuño ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia. O director titular da orquestra, Baldur Brönnimann, tomará de novo a batuta da formación e dialogará coas persoas asistentes sobre as liñas programáticas que marcarán esta nova etapa da RFG, con atención a algunhas das obras, persoas compositoras e intérpretes que deixarán a súa pegada na nova andaina. 

O concerto é de acceso gratuíto para todas as persoas interesadas. As que foron abonadas durante a temporada 2023-2024 poderán ocupar as súas butacas habituais e acceder ao recinto mediante a presentación da súa tarxeta de abono. O resto do público poderá retirar os seus convites (máximo 2 por persoa) dende este martes, 4 de xuño, na web de Compostela Cultura e no despacho de billetes da Zona C · Punto de Información Cultural (situado na praza de Cervantes e aberto de martes a sábado, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas), alén do propio dia do concerto no despacho de billetes do Auditorio (aberto dende unha hora antes do comezo do concerto). 

Neste concerto, a Real Filharmonía de Galicia conta co apoio de Galicia Calidade, que ofrecerá un viño de cortesía ao remate do evento.
 

MÁIS INFORMACIÓN

As persoas abonadas durante a tempada 2023-24 poderán entrar ao concerto coa súa tarxeta de abono
O resto do público poderá retirar os seus convites (máx. 2 por persoa) en:

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 02