

O Auditorio de Galicia é un organismo autónomo local dependente do Concello de Santiago de Compostela. Este organismo ten a encomenda estatutaria da realización das actividades culturais da Concellería de Acción Cultural efectuada no Pleno da corporación o 15 de abril de 2004, publicada no BOP 222 de 24 de setembro de 2004.
A marca Compostela Cultura está xestionada polo Auditorio de Galicia e funciona como elemento aglutinador e ferramenta de difusión das actividades culturais que organiza a institución municipal e que se celebran, ademais de no Auditorio, no Teatro Principal e na Zona C · Punto de Información Cultural. Este espazo acolle ademais o principal punto de venda de entradas de Compostela Cultura.
Podes subscribirte aquí á nosa Axenda C para estar ao día de toda a nosa programación ou, se traballas nun medio de comunicación, ás Compostela Cultura Novas aquí.
Para mercar entradas, tes que ter un perfil como usuaria/o da nosa web que podes facer aquí seguindo estas instrucións.