Pulcinella e a máscara máxica, primeiro concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia desta temporada

En total realizaranse cinco pases, dos cales catro serán destinados a centros de Infantil e Primaria e o quinto, programado o sábado 2 de decembro ás 18 horas, estará aberto ao público familiar

 

A Real Filharmonía de Galicia interpreta esta semana Pulcinella e a máscara máxica, o primeiro dos tres concertos didácticos que ten programados esta temporada.

Nesta ocasión, Javier Fajardo dirixirá a Real Filharmonía de Galicia e Malu Balado ocúpase do guión e a dirección artística deste espectáculo baseado na obra Pulcinella, Suite para orquestra do compositor Igor Stravinsky. Tamén participarán Rodrigo Rodríguez (narrador) e Marta Placer (bailarina).

En total, a orquestra fará cinco pases dos cales os catro primeiros, o xoves 30 e o venres 1 ás 10h e 12h serán destinados a centros educativos de infantil e primaria chegados de Santiago, da provincia da Coruña e incluso da provincia de Pontevedra.

O sábado, 2 de decembro ás 18h, volverase realizar unha nova representación nun concerto familiar aberto a todos os públicos e no que o custe das entradas será de 3€. Estas poden adquirirse nos despachos de billetes e a través da web compostelacultura.gal.

Na representación, ambientada no martes de Entroido de 1572 no día grande de Nápoles, Pulcinella perdeu a súa máscara e non a atopa, pero non pode permitir que ninguén o recoñeza e, xunto con Colombina, correrán mil e unha aventuras ata atopar a máscara coa que poder disfrazarse e