Protocolo de acceso a espectáculos en espazos pechados de artes escénicas e musicais.
Neste momento temos os nosos espazos culturais abertos, con aforo limitado, tal e como dispón a normativa vixente ante a situación epidemiolóxica derivada da pandemia da COVID-19 e que é a seguinte:
- DECRETO 26/2021, do 15 de febreiro
- ORDE do 15 de febreiro do 2021
Normas xerais:
Como norma xeral serán de aplicación as establecidas na normativa vixente en cada momento primando sempre o mantemento da distancia de seguridade de 1,5 m. entre espectadores.
Será obrigatorio o uso de máscara por parte dos espectadores.
O acceso dos espectadores estará condicionado ás seguintes normas xerais:
Se presenta algún síntoma relacionado coa COVID-19, tos, falta de aire ou febre ( > 37 ºC), pregamos non acceda ás instalacións.
Acceso e saída gradual:
O acceso realizarase de xeito gradual, para o cal se recomenda que os espectadores acudan cunha antecedencia mínima de 20 minutos antes do comezo da función.
A saída realizarase comezando polas persoas que están máis próximas á porta, que serán as primeiras en abandonar a sala. Será o persoal de acomodación quen indicará que poden ir saíndo do recinto.
Control de acceso:
O control de acceso realizarase mediante os postos de tiqueo desatendido que permitirán que cada persoa que acceda poida ticar a súa entrada sen contacto físico e mantendo a distancia de seguridade.