A mesa redonda Creadores de imaxes reúne a dous dos responsables de fotografía con máis forza visual do cinema galego: Lucía Catoira Pan e Alberte Branco.
O público poderá asistir a unha charla entre os dous profesionais, que asinan os traballos de fotografía dalgunhas das películas que se puideron ver este ano en Cineuropa. Lucía Catoira Pan é a responsable da imaxe de filmes como Trote e Dhogs ou as curtas Matria e A nena azul, mentres que Branco traballou en Arima, A estación violenta ou Las altas presiones.
A cita é o vindeiro luns día 25 ás 19.30 horas na Fundación Torrente Ballester.