Entradas á venta para o concerto de Salvador Sobral no Auditorio de Galicia

Salvador Sobral chega a Compostela dentro da xira europea que o está levando aos teatros e auditorios máis prestixiosos de Europa. O 1 de novembro a cita será en Compostela, no Auditorio de Galicia, a partir das 21.00 h nun concerto organizado polo Concello de Santiago e Luneda Producións. As entradas póñense á venta o vindeiro martes 18 de setembro ás 12.00 h, en entradas.abanca.com ou no 981 910 544. A partir das 18.00 h poderán mercarse de xeito presencial no despacho de billetes do Teatro Principal, que está aberto de 18 a 21 h de martes a sábado (+ os días de evento). O prezo das entradas é de 24 euros en anticipada, e 28 euros o día do concerto, xa no propio Auditorio de Galicia, de quedar algunha entrada dispoñible.

Sobral ao vivo cun repertorio arredor do jazz, a bossanova e as melódicas sonoridades de América Latina

No 2017 Salvador Sobral conseguiu o primeiro trunfo para Portugal na historia do Festival de Eurovisión, superando ademais a máxima puntuación acadada por un país na historia do Festival. ”AMAR PELOS DOIS" foi escrita e producida pola súa irmá Luisa Sobral. É unha composición de jazz da que Salvador declarou: “está influenciada por aqueles clásicos estadounidenses e cun toque das belas melodías da Bossa Nova”.

A partir de aquí, a súa carreira despegou como ningunha, converténdose nun dos artistas máis valorados da canción de autor a nivel mundial. O videoclip de “Amar pelos dois” ten 17 millóns de reproducións, chegando a públicos tan diversos como é a súa música.
Despois de varios meses apartado dos escenarios por unha doenza do corazón, Salvador volveu neste 2018 totalmente recuperado para unha xira que o está a levar aos teatros e auditorios máis prestixiosos de Europa. Tráenos a Santiago o seu repertorio propio, unha viaxe que comeza no jazz e fai un percorrido pola bossanova e as melódicas sonoridades de América Latina, coa interpretación cautivante  e a fermosa voz de Salvador Sobral.

Delicadeza, musicalidade natural, concentración, respecto pola historia da canción,

en definitiva, civilización e cultura elevada.

Para min, Salvador converteuse nunha das referencias da música mundial»

(Caetano Veloso)

AO VIVO | Salvador Sobral Quarteto  

Júlio Resende_piano                                                                                                                                    
André Rosinha_contrabaixo
Bruno Pedroso_batería
Salvador Sobral_voz    

MÁIS INFORMACIÓN

Martes 18 de setembro ás 12.00 h

entradas.abanca.com

A partir das 18.00 h

Despacho de billetes do Teatro Principal

PREZO

24 euros anticipada

28 euros o día do concerto