O Auditorio de Galicia é beneficfiario dunha axuda da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) que articula o Plan de Recuperación, Tranformación e Resliencia finanaciado pola Unión Europea para a dixitalización da Sala Mozart do Auditorio de Galicia. A subvención outorgada ascencende a 40.000 euros para financiar un proxecto de 69.941,01 euros sen IVE.
Ao abeiro da concesión outrogada en base á resolución do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, o proxecto de dixitalizalización da Sala Mozart do Auditorio de Galicia pretende a implantación de sistemas de xestión dixital de iluminación, son e video da Sala Mozart do Auditorio de Galicia.
O Auditorio de Galicia foi inaugurado no ano 1989, a Sala Mozart posúe unha caixa escénica de 14 m de boca, 7,45 m de fondo e un aforo de 232 butacas, na que se realizan ao longo do ano numerosas actividades como concertos, representacións teatrais, entregas de premios, e proxeccións. Os equipos dos que dispón na actualidade son antigos e analóxicos, limitan a programación e provocan numerosos alugueiros para desenvolver calquera tipo de actividade e tamén un elevado consumo de electricidade, filtros e cableado. O obxectivo desta acción é instalar un sistema con procesamento e control dixital en todos os seus elementos dispoñendo así dunha maior versatilidade na montaxe, realización e posta en marcha dos eventos, promovendo así minimizar os tempos de montaxe e desmontaxe, favorecendo a redución de horas do persoal técnico. Este sistema, grazas aos seus axustes de
tono dixitais é un equipo polivalente e de rápida adaptación a diferentes tipos de eventos.
O proxecto consta dos seguintes investimentos:
-Modernización de sistemas de audio e comunicanións en rede:
Equipo de son P.A. e sistema de monitoraxe.
-Modernización do sistema de iluminación dixital
Equipamento LED de iluminación e control dixital de luces
-Modernización dos sistemas de vídeo dixital
Equipamento de videoproxección dixital
Estas actuacións desenvolveranse entre o ano 2024 e o ano 2025