![](https://www.compostelacultura.gal/sites/all/themes/compostelacultura/images/logo-1-maximenu.png)
![](https://www.compostelacultura.gal/sites/all/themes/compostelacultura/images/logo-2-maximenu.png)
A concellaría de Acción Cultural e a Asociación de Amigos da Ópera vense na obriga de cancelar o concerto de clausura do XX Ciclo de Lied. O evento estaba previsto para este mércores, 25 de setembro, no Teatro Principal, pero unha indisposición de mezzosoprano María José Montiel obriga á súa cancelación.
Tralo envío do parte médico correspondente, comezouse o proceso de devolución das entradas xa adquiridas para este evento. A todas as persoas que mercaron a súa entrada a través da web compostelacultura.gal devolveráselle a cantidade polo mesmo medio polo que a pagaron, sen que teñan que facer nada ao respecto.
As persoas que a mercaran no despacho de billetes do Teatro Principal teñen que achegarse coa súa entrada para que se lle reembolse a cantidade. Poden facelo ata 15 días despois da data prevista do evento, é dicir ata o mércores 9 de outubro, e no horario habitual da billeteira (de martes a sábado de 18.00 a 21.00 h).
Así mesmo, as persoas que adquirirán un abono para o Ciclo teñen que achegarse tamén á billeteira para recibir a cantidade correspondente a ese concerto.
Desde o departamento de Acción Cultural do Concello de Santiago lamentan as molestias causadas por esta circunstancia, allea a eles, e piden desculpas polos problemas que puidera ocasionar esta cancelación.