CIRCO, POESÍA E DANZA NO FESTIVAL C

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao Fernández e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López González presentaron, na sala de prensa do concello, unha nova edición do Festival C. Organizado polo Auditorio de Galicia, Compostela Cultura, o Festival C regresa no mes de agosto a diferentes espazos: A praza da Quintana, a Alameda de Santiago (estatua de Federico García Lorca) e o parque de Bonaval (cemiterio) que serán escenario para o circo, a poesía e a danza.
 

FESTIVAL C · AGOSTO 2023 · 20.00 h · VARIOS ESPAZOS

As citas coa danza comenzan no cemiterio de Bonaval o luns 7 coa compañía Fran Sieira que dentro do programa de Danza a Escena presenta 'Coreografías dun demente', unha peza con baile e música tradicional galega. O día 21 serán dúas compañías de Galicia, Daniel Rodríguez con 'A raíz de' e Furia Sotelo con 'Vestirme de ti', os que coa danza indaguen sobre o corpo e as relacións humanas. Tamén dentro de Danza a Escena o luns 28 o colectivo Glovo presenta 'Alleo' unha proposta baseada na idea de atalaia, todo comeza desde o lugar desde o que atisbamos o que acontece. O xoves 31 de agosto pecha o festival o espectáculo de circo e danza 'Laisse-Moi' do Collectif Primavez onde os corpos libran cambios e loitas dun contra outro.

Ao carón da estatua de Federico Garcia Lorca, na Alameda, celebraranse os espectáculos de poesía que comenzan o día 9 con 'Ornitology' con Quico Cadaval como narrador acompañado polo saxofonista Pablo Castaño. A seguinte cita será o día 30 con 'A faia de ponto', Alba Cid, Estevo Creus e Xosé Miguélez, contan unha lenda que narra que foi Ponto, le Roi de la Galice, quen plantou esa faia mentras que outra, asegura que a árbore é o propio Ponto convertido nela tras a súa morte.

A praza da Quintana acolle tres espectáculos de circo. O día 10, Kine Circus Etiopia presenta 'Greed' no que un grupo de artistas comprometidos utiliza o circo para explorar a condición humana. O día 17 será o turno de Cia Manolo Alcántara, un dos grandes do circo que con 'Maña' explora a transmisión de coñecemento dun avó a un neto. Entre cordas, acordes e acrobacias Circo no Ato pecha as citas co circo con 'Se der Corda' o día 24.

O Centro Xove da Almáiga acollerá obradoiros de circo para todos os públicos: 'Circo no parque de verán' organizados por Circonove, que tamén serán de balde pero con inscripción previa no mail circonoveoficina@gmail.com

Todos os espectáculos serán as 20.00h.

Esta a programación complétase coa posibilidade de visitar a exposición '1984. Unha xeanoloxía feminista da arte urbana galega' que se pode visitar na sala de exposicións do Auditorio de Galicia', un ensaio expositivo sobre arte urbana, inédito no noso País.  A entrada a exposición é de balde Pode visitarse todos os días de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h (os días de concerto a sala de exposicións pecha ás 19.00 h). En agosto está pechada domingo 6  e do 13 ao 27 (ambos incluídos). Podes consultar toda a programación na web compostelacultura.gal