

A concellaría de Capital Cultural programa cada temporada unhas actividades didácticas dirixidas a escolares de Santiago e de toda Galicia. Organizados a modo de sesións pedagóxicas, os programas adáptanse ás diferentes franxas de idade e promoven o coñecemento de música clásica, danza, teatro, música tradicional, etc. Ademais póñense a disposición dos centros de ensino guías didácticas, que se atopan nas fichas de cada un dos eventos que podedes ver a continuación, para traballar na aula con anterioridade á asistencia ao evento.
Nas fichas de cada un dos eventos, aparece a GUÍA DIDÁCTICA para descargar, así como máis información dos mesmos.
ANTES DE CUBRIR A SOLICITUDE DEBE TER EN CONTA QUE
PROCEDEMENTO DE RESERVA EN LIÑA
Deberá de cubrir o formulario pinchando no seguinte enlace: FORMULARIO ACTIVIDADES DIDÁCTICAS 2024-25 respectando as datas de envío de solicitudes.
DATAS DE ENVÍO DAS SOLICITUDES
• Centros de ensino de Santiago de Compostela: dende o martes, 24 de setembro 2024 a partir das 8:30 h.
• Centros de ensino do resto de Galicia: dende o mércores, 25 de setembro 2024 a partir das 8:30 h
As solicitudes enviadas antes destas datas non serán admitidas. Agradécese que non envíen máis dunha solicitude por centro.
ADXUDICACIÓN E PUBLICACIÓN
AVISO IMPORTANTE
Unha vez que saian as listas de admitidos deberán de informar si acoden con nenos/as en cadeira de rodas xa que o número de espazos é limitado