15 ANOS EN DANZA · PROGRAMA DOBRE
PIES DE GALLINA & ZENEZ
CASA DAS MÁQUINAS
3 de MAIO
20.00 h
De balde | todos os públicos | 45 min
A seguir coa conmemoración dos 15 anos de traxectoria do programa Danza a Escena, a axenda de Compostela Cultura acolle un programa dobre de acceso libre para gozar das artes do movemento. Dúas propostas escénicas, PIES DE GALLINA e ZENEZ, transpórtannos a un terreo onde a danza contemporánea é vehículo de conexión, presenza e escoita.
PIES DE GALLINA
ANA F. MELERO & LUNA SÁNCHEZ
PIES DE GALLINA é a exploración do vínculo entre dúas mulleres, onde o equilibrio entre soster e deixarse soster se converte no núcleo da experiencia. Esta obra de danza contemporánea inspirada nas expresións “ter a pel de galiña” e “andar con pés de chumbo”, investiga a delicada fronteira entre o sensitivo e o racional, tecendo unha relación de apoio e vulnerabilidade entre estes corpos.
PIES DE GALLINA cuestiona e celebra a importancia de ser unha soa para existir en conxunto, destacando a íntima conexión entre as súas intérpretes e creadoras como soporte intrínseco.
Dirección, coreografía e interpretación: Ana F. Melero e Luna Sánchez.
Deseño do espazo sonoro: Xerach Peñate.
Voz: Lucía Bocanegra.
Ollada externa: María Cabeza de Vaca e Isabel Vázquez.
Vestiario: Mariona Signes.
Fotografía: Lourdes de Vicente, Charly Calderón e María Claudia Quiroz.
Vídeo teaser: Nico Murillo.
Apoios - INJUVE, Danza a Escena, Teatro Albert Camus Ajuntament de Sant Lluís, L'Estruch Fàbrica de Creació de les Arts en Viu, Paso a 2, Centro Huarte, Aaron Vivancos Talent Center y La Cavatina Social Club Mahón.
ZENEZ
FIL D’ARENA
ZENEZ é unha peza híbrida de danza e música en directo. Estreada en DansaValència, está interpretada por dúas bailarinas de danza contemporánea e dous músicos. Elas e eles, en escena, comunícanse a través das súas propias linguaxes. Con base na improvisación e o foco no mesmo discurso como forma de viaxar de forma conxunta. Á procura do unísono enerxético, cada intérprete atopa as súas desviacións. Unha deriva común entre movemento, madeira electrónica, texturas, silencio e arranques.
Intérpretes: Isabel Abril, Irene Ballester, Carles Salvador y Mei
Produción : Fil d’Arena
Dirección: Fil d’Arena
Axudante de dirección: Guillermo Weickert