ALGUÉN QUE RESPIRA! VIII FESTIVAL DE POESÍA PARA CORPO PRINCIPAL
O POEMA E A SOLUCIÓN DIALÉCTICA · ENCONTRO CON MARIO MONTALBETTI
Mario Montalbetti defínese como un lingüista que escribe poemas e os seus poemas son, en palabras de José Núñez, artefactos híbridos –difíciles de clasificar. Trátase de textos que nos conducen a propostas formais onde se cuestiona a noción de xénero literario. No festival, o poeta peruano estará con Luís López Alonso, un dos especialistas en Galicia na súa obra.