20 MICE · A SAVANA E A MONTANHA

DATOS BÁSICOS

20 MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO

SECCIÓN OFICIAL INTERNACIONAL

A SAVANA E A MONTANHA

Paulo Carneiro

Portugal / Uruguay, 2024

77 min. VOS

A comunidade de Covas do Barroso, no norte de Portugal, descobre que a empresa británica Savannah Resources planea construír a maior mina de litio a ceo aberto de Europa a poucos metros das súas casas. Fronte a esta ameaza inminente, o pobo decide organizarse e expulsar a empresa das súas terras.

Acceso: 
  • Recollida de convites de forma anticipada no despacho de billetes da Zona C (Praza de Cervantes. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. tel.: 981 542 462). 
  • Tamén se poden coller na billeteira do Teatro desde 1 hora antes do comezo das proxeccións.  
Info práctica: 
Sábado, 15 Marzo, 2025
19:00
Teatro Principal