UXÍA, 40 ANOS

DATOS BÁSICOS

UXÍA, 40 ANOS

Uxía Senlle, unha das grandes voces da música do país e unha figura clave na preservación e difusión da nosa cultura, celebra 40 anos nos palcos cun concerto inesquecible en Compostela. Nesta ocasión especial, estará arroupada por un feixe de artistas e amizades que compartiron con ela músicas e percorrido nunha noite que lembrará os momentos máis especiais dunha traxectoria chea de emoción, irmandade e vencello coa terra. Diversidade de voces e sons para festexar a andaina desta cantora imprescindible.
 

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Domingo, 16 Marzo, 2025
20:00
Auditorio de Galicia