BULEVAR PAPAGAIO

DATOS BÁSICOS

BULEVAR PAPAGAIO
A FEROZ

Idade recomendada: > 16 anos
Lingua: galego
Foco Creadoras de escena
Foco Memoria en escena

Cando a fotógrafa Maribel Longueira escoitou os primeiros sons da piqueta tívoo claro: o Papagaio víñase abaixo. Ou, mellor dito: tiraban abaixo o Papagaio e con el un fragmento da cidade que moitas coruñesas non querían mirar.
O barrio popular, o barrio obreiro, o barrio das putas e doutras traballadoras explotadas debía facerlle sitio a unha mole de cemento e pretensións. A cidade da xente de ben devoraba o que non lle valía. Esta afinadísima intuición de Maribel levouna a documentar, cámara en man, o declinar dun tempo e unha xeografía propias, domésticas, gloriosamente prosaicas.
E coas imaxes recollidas convidou a varias poetas a poñer a palabra necesaria. A idea primeira era que aquel fose un traballo coral, colectivo. Mais Luísa Villalta, unha desas convidadas, chegoulle pola porta cun rosario de poemas, unha xema por cada imaxe.


Texto e dramaturxia: Lorena Conde
Dirección: A Feroz
Elenco: Inés Salvado, Lorena Conde, Gustavo Freire e Bea Romero
Escenografía e iluminación: Nononlab
Deseño, escenografía e vestiario: A Feroz
Espazo sonoro: Manuel Abraldes
Produción: A Feroz
Distribución: Lilian Portela - Amarelo


Os días 22 e 23 de marzo, a compañía teatral A Feroz representará na Casa das Máquinas Bulevar Papagaio, un espectáculo que revisa a historia deste barrio obreiro da Coruña a partir do poemario que sobre el escribiu Luisa Villalta e as fotografías coas que o retratou Maribel Longueira. 

Arredor desta obra, que convida o público a pousar a mirada nesoutros barrios que fican fóra das estampas turísticas e que tamén conforman o relato das cidades, técese o roteiro 'A carón do Papagaio', un itinerario previo á representación que explora os arredores da Casa das Máquinas, para redescubrir a historia e o desenvolvemento da súa contorna.

O percorrido transitará pola rúa das Galeras, O Pombal, Campo das Hortas e lugares cono Cruceiro do Gaio, Poza de Bar ou Rúa das Oblatas para contextualizar o espazo no que se desenvolveu unha parte importante da historia de Compostela e reflexionar sobre a súa transformación e a maneira que estes espazos inflúen na vida das perdoas que os habitan.

INFORMACIÓN PRÁCTICA

  • Datas: 22 e 23 de marzo
  • Hora: 19.00
  • Saída: Casa das Máquinas
  • Duración: 45 min (aprox.)
  • Prazas: 50
  • De balde previa inscrición

INSCRICIÓNS

Duración: 
70 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS


ROTEIRO · A CARÓN DE BULEVAR PAPAGAIO

Info práctica: 
Sábado, 22 Marzo, 2025
20:30
Casa das Máquinas
Domingo, 23 Marzo, 2025
20:30