1936

DATOS BÁSICOS

1936
CHECK-IN PRODUCCIONES

Idade recomendada: >16 anos
Duración: 270 min (con dous descansos de 15 min incluídos)
Lingua: castelán
Foco Memoria en Escena

«Verán de 1936. As Olimpíadas en Berlín anúncianse para o primeiro día de agosto. As Olimpíadas Populares en Barcelona, para o 19 de xullo. Conta a lenda que Joseph Goebbels, ministro de propaganda de Hitler, decide que a música oficial das olimpíadas do terceiro Reich sexa a Novena Sinfonía de Ludwig Van Beethoven e o seu Himno á alegría. Pero Pau Casals, que é o comisario cultural das Olimpíadas Populares en Barcelona, representantes do mundo democrático, monta en cólera e decide que de ningún modo Beethoven será secuestrado polos nazis. A partir dese momento, o Himno á alegría cantarase na inauguración das Olimpíadas Populares no estadio de Montjuic. Poucos días antes da inauguración, o xeneral Mola, ‘o director’ do inminente golpe de Estado, cursa un telegrama cifrado aos militares que se sublevarán contra a Segunda República. O contido en clave di así: “O pasado día 15, ás catro da mañá, Elena deu a luz un fermoso neno”. A mensaxe indicaba que a rebelión militar empezaría o 18 de xullo ás cinco da mañá. Era o principio dun dos episodios máis terribles da historia do noso país». Andrés Lima


Texto: Albert Boronat, Juan Cavestany, Andrés Lima e Juan Mayorga
Dramaturxia: Albert Boronat e Andrés Lima
Dirección: Andrés Lima
Elenco: Antonio Durán «Morris», Alba Flores, Natalia Hernández, María Morales, Paco Ochoa, Blanca Portillo, Guillermo Toledo, Juan Vinuesa e o Coro de Jóvenes de Madrid
Escenografía e vestiario: Beatriz San Juan
Iluminación: Pedro Yagüe
Composición musical: Jaume Manresa
Espazo sonoro: Kike Mingo
Dirección Coro de Jóvenes de Madrid: Juan Pablo de Juan
Videocreación: Miquel Àngel Raió
Caracterización: Cécile Kretschmar 
Axudante de dirección: Laura Ortega
Axudante de escenografía: Arantxa Melero 
Axudante de iluminación: Marina Palazuelos 
Axudante de vestiario: Berta Navas 
Axudante de videocreación: Gonzalo Bernal 
Axudante de produción: Check-In Producciones: Mayte Barrera 
Produción: Check-in Producciones: Joseba Gil 
Produción: Centro Dramático Nacional, Check-in Producciones e El Terrat.
Comunicación: Check-in Producciones: Pepe Iglesias
Colaboran: Asuntos Culturales, Teatre L`Artesà, Teatro de La Abadía.


 

Duración: 
270 MIN
Entradas: 

ENTRADAS ESGOTADAS!

1936 é un espectáculo de recente estrea, polo que aínda recibiremos nuns días instrucións técnicas para a súa adaptación á Sala Ángel Brage. É posible que daquela poidamos por á venda máis localidades. Informaremos a través da web e redes de Compostela Cultura.

Funcións: 
Sábado, 5 Abril, 2025
18:00
Auditorio de Galicia