LA COLECCIÓN

DATOS BÁSICOS

LA COLECCIÓN
LAZONA E TEATRO DE LA ABADÍA

AUDITORIO DE GALICIA · SALA ÁNGEL BRAGE

Idade recomendada: > 13 anos
Duración: 105 min
Lingua: castelán
Foco Memoria en escena

Héctor e Berna son un matrimonio sen fillos. Ao longo da súa vida reuniron unha colección pola que sacrificaron todo o demais. Agora, xa anciáns, queren asegurarse de que a colección os sobreviva, para o que buscan un herdeiro. Convocan a Susana, tamén ela coleccionista, para examinala. Acompáñaos Carlos, quizá el mesmo un examinador, se é que non unha peza da colección. 
É La colección unha obra sobre o matrimonio, sobre o paso do tempo e sobre a misteriosa relación entre as persoas e os obxectos. «Era necesario que alguén fixese a colección. Imaxes separadas por océanos ou séculos esperaban que alguén as reunise. O seu destino era a colección. Se algún día, dentro dun millón de anos, un ser capaz de pensar e de sentir atopa a colección, saberá que é a humanidade e que podería ter sido. Antes de atravesar esa porta, pensen que, cando volvan a este lado, todo o verán dende a colección. Tamén as demais persoas e a si mesmos. La colección descóbrete. Non podes vela e non preguntarte quen es, porque contén todo o que es e todo o que non es». 

Texto e dirección: Juan Mayorga
Elenco: José Sacristán, Ana Marzoa, Ignacio Jiménez e Zaira Montes
Deseño de escenografía: Alessio Meloni (AAPEE)
Deseño de iluminación: Juan Gómez Cornejo (A.A.I)
Deseño de vestiario: Vanessa Actif (AAPEE) - Sandra Espinosa
Música e espazo sonoro: Jaume Manresa
Produción executiva: Jair Souza-Ferreira
Axudante de dirección: Ana Barceló
Asistente de dirección: Alejandro Sánchez
Axudante de escenografía: Mauro Coll (AAPEE)
Axudante de produción: Desirée Díaz
Director técnico: Daniel Alcaraz (LA CIA. DE LA LUZ)
Deseño gráfico e fotografía: Javier Naval
Realización de escenografía: La Caverna del Érebo
Prensa e comunicación: María Díaz
Dirección de produción: Miguel Cuerdo
Distribución: Julio Municio
Coproducen: LaZona e Teatro de la Abadía
[Imaxe: Javier Naval]

 

 

 

Duración: 
105 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Sábado, 25 Xaneiro, 2025
20:30
Auditorio de Galicia