UN DEUS SALVAXE

DATOS BÁSICOS

UN DEUS SALVAXE
TALÍA TEATRO

Idade recomendada: público adulto
Lingua: galego
Posfunción ao remate do pase do 27 de marzo 

Dous nenos duns once anos enfróntanse con violencia nun parque. Beizos inchados e dous dentes rotos…. Os pais da «vítima» convidan os pais do «matón» á súa casa para resolver o conflito. O que comeza sendo unha charla con bromas e frases cordiais, adquire unha tinguidura máis violenta a medida que os pais van revelando as súas ridículas contradicións e grotescos prexuízos sociais. 
As parellas empezarán a tirarse os trastes á cabeza sen reparo algún, e mesmo non terán inconveniente en sacar os trapos sucios dos seus respectivos matrimonios. Aquí non hai nin bos nin malos. Nin tan sequera vencedores e vencidos. Só catro adultos que se encerellan nunha calorosa discusión que vai desvariando máis e máis a medida que se vai alongando innecesariamente. 
A situación descontrólase de tal modo que ninguén está a salvo de recibir a súa ración de ofensa persoal, e todos os intentos por acougar os ánimos e instaurar a paz acaban fracasando. Cadaquén ten a súa propia opinión sobre como canalizar o conflito que afecta os seus fillos (dende como definir a agresión até como castigar o agresor, pasando por ver quen ten maior ou menor culpa), e de aí xorden outros temas nos que, por suposto, non logran poñerse de acordo.
A obra saca todo o lixo que estes catro individuos acumularon ao longo da súa vida en relación á educación que recibiron, á posición social que ostentan, á súa profesión, ... e amósanos a súa cara oculta. 
Un deus salvaxe é puro guión, puro diálogo e pura interpretación. 


Texto orixinal: Yasmina Reza
Versión e dirección: Artur Trillo
Elenco: Marta Lado, Dani Trillo, María Ordóñez e Toño Casais
Escenografía: Dani Trillo
Iluminación: Dani Trillo
Vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro
Música orixinal: Manu Abraldes
Produción: Auri Ferreiro e Artur Trillo

Duración: 
80 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Xoves, 27 Marzo, 2025
20:30
Teatro Principal
Venres, 28 Marzo, 2025
20:30
Teatro Principal