NI FLORES, NI FUNERAL, NI CENIZAS, NI TANTÁN

DATOS BÁSICOS

NI FLORES, NI FUNERAL, NI CENIZAS, NI TANTÁN
LA DRAMÁTICA ERRANTE

TEATRO PRINCIPAL

Idade recomendada: > 14 anos
Lingua: castelán
Foco Creadoras de escena

Ni flores, ni funeral, ni cenizas, ni tantán é unha historia de superación, tenrura e humanidade. Centrada nos coidados paliativos e no «bo morrer», a peza é unha viaxe que nos empurra a afrontar a vida con alegría e a preguntarnos como será o final desta. Un canto a todas aquelas persoas que deixaron este mundo con dor e sufrimento. Un recoñecemento a todas esoutras que acompañan nesta última etapa sen nunca perder o sorriso.


Texto: María Goiricelaya no marco do programa de Residencias Dramáticas do Centro Dramático Nacional durante a temporada 2021-2022.
Dirección e dramaturxia: María Goiricelaya 
Versión en éuscaro: Patxo Tellería
Elenco: Ane Pikaza, Aitor Borobia, Loli Astoreka, Patxo Telleria, Egoitz Sánchez e Idoia Merodio
Escenografía: David Pascual
Deseño de iluminación: David Alcorta 
Vestiario: Daniel F. Carrasco 
Espazo sonoro: Ibon Aguirre
Visuais: Estudio Gheada
Axudante de dirección: Eider Zaballa 
Produción executiva: Ane Pikaza e Xabino Alkorta
Técnica en xira: Alaine Arzoz 
Comunicación: NOIZ labo
Produción: La Dramática Errante 
Distribución: Portal 71 
 

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Sábado, 8 Febreiro, 2025
20:30
Teatro Principal