MULLERES QUE VIVEN SOAS
BERROBAMBÁN
Idade recomendada: >16 anos
Duración: 75 min
Lingua: galego
Posfunción ao remate do pase do 6 de febreiro
Foco Creadoras de escena
Protagonizada polas tres bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao trono na peza de Shakespeare: tres bruxas que encarnan os males deste mundo e que nos serven de referencia para nos rir da diferenza entre como o mundo ve (ou conta) as mulleres e como elas se senten dentro das súas casas.
Espectáculo híbrido entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino, interpretado por tres das contadoras de historias máis relevantes do país: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo. Tres mulleres excepcionais para dar voz e corpo a historias reais e personaxes femininas de ficción.
Mulleres que viven soas é unha coprodución de Berrobambán e o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo.
Dramaturxia: Paula Carballeira a partir de textos de Xiana Arias, María da Pontragha e Vero Rilo
Dirección: Nuria Sanz e Chiqui Pereira
Elenco: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo
Escenografía e iluminación: Montse Piñeiro
Vestiario: Lola Armesto
Espazo sonoro: Xiana Arias
Selección de cantigas: María da Pontragha
Imaxe gráfica: Nadina - Gráfica
Fotografía: Charo Lópes
Gravación: Miriam Rodríguez
Produción: Chiqui Pereira
Distribución: Urdime
[Imaxes: Charo Lópes]