AS GARDIÁS
TEATRO DE NINGURES
Idade recomendada: > 12 anos
Lingua: galego
Posfunción ao remate do pase do 23 de xaneiro
Foco Creadoras de escena
O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que emprega unha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria.
Autoría: Nasser Djemaï
Tradución: Henrique Harguindey
Adaptación: Vanesa Sotelo
Dirección: Cristina Domínguez
Elenco: Casilda Alfaro, Melania Cruz, Amparo Martínez, Rebeca Montero e Sonia Rúa
Deseño de escenografía e vestiario: Carlos Alonso
Deseño de iluminación: Héctor Pazos eSalvador del Río
Espazo sonoro: Héctor Pazos
Deseño gráfico, fotografía, cartel e programa: Diego Seixo
Dirección de produción: Salvador del Río
Distribución: Lilian Portela - AMARELO Distribución Escénica