Achegádevos ao Auditorio de Galicia para percorrer a exposición 'Humor líquido' do recoñecido humorista gráfico, pintor, muralista e caricaturista Xaquín Marín (Fene, 1943) na que apreciar a obra orixinal deste artista en máis de 150 viñetas, debuxos e cadros que trazan un percorrido profesional e vital que abrangue máis de sesenta anos de profesión.
Pódense solicitar visitas guiadas breves ou visitas enriquecidas cun obradoiro de creación de viñetas.
VISITAS GUIADAS PARA CENTROS DE ENSINO: Para descubrir a exposición ábrense grupos de visitas conducidas por Óscar Senra e Xiana Iglesias da cooperativa cultural Maos.
VISITAS GUIADAS + OBRADOIRO PARA CENTROS DE ENSINO: Podes solicitar a visita á exposición enriquecida cun obradoiro creativo ao redor da ilustración e da viñeta a cargo de Afra Torrado, escritora e artista que vén de recibir o premio Follas Novas pola súa banda deseñada 'Fago o que podo'.
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- Dirixidas a centros de ensino, CEIPS e IES
- Visita de balde
- CEIPS + IES duración so visita guiada 30 min. aprox
- CEIPS duración visita + obradoiro 'Historia Malfeita' : 1 h 30 min (30 min. visita e 1 h de obradoiro). Historia malfeita consistirá na transformación colectiva dunha pequena historia onde o azar e o aleatorio terán un papel fundamental.
- IES duración visita + obradoiro 'Eu tamén son Gaspariño': 2 h (30 min de visita e 1 h e media de obradoiro). Eu tamén son Gaspariño! traballa a partir de problemáticas que o alumnado detecte no seu contexto, realizarán unha viñeta de denuncia social a través dun álter ego a partir do aprendido na visita guiada.
Contidos adaptados a modo de xincana ou xogo de pistas
- Podes descargar para traballar no centro educativo o caderno de actividades para nenas e nenos de primaria
As visitas realizaranse mércores, xoves e venres desde o 14 de novembro ao 19 de decembro ás 10.00 e 12.00 h
- Escolle día e hora do teu interese no formulario
- Indica cal é a túa opción: visita guiada ou visita guiada + obradoiro
- Imprescindible inscrición previa no formulario
- Os grupos péchanse ás 14.00 h do día anterior a cada visita
- Núm. mínimo de persoas por grupo: 5
- Núm. máximo recomendable por grupo: 30
- Recibirás confirmación da túa reserva
>INSCRIBE O TEU CENTRO