VISITAS GUIADAS PÚBLICO EN XERAL · 'HUMOR LÍQUIDO. XAQUÍN MARÍN' ·

DATOS BÁSICOS

Achégate ao Auditorio de Galicia para percorrer a exposición 'Humor líquido' do recoñecido humorista gráfico, pintor, muralista e caricaturista Xaquín Marín (Fene, 1943) na que poderás apreciar a obra orixinal deste artista en máis de 150 viñetas, debuxos e cadros que trazan un percorrido profesional e vital que abrangue máis de sesenta anos de profesión.

Para descubrila ábrense grupos de visitas conducidas por Xosé Antón Serén, investigador e historiador da arte.

As visitas realizaranse os xoves e venres ás 18.00 h e os sábados ás 12.00 h desde o 14 de novembro até o 27 de decembro.

O sábado 28 de decembro o comisario da exposición Xandre Marín guiará dúas visitas en horario de 12.00 e 18.00h.

Escolle día e hora do teu interese neste formulario e recibirás confirmación da túa reserva cando se completen os grupos.

INFORMACIÓN PRÁCTICA
  • Dirixidas a público en xeral
  • Visita de balde
  • Duración da visita 45 min.
  • Os grupos péchanse ás 14.00 h do día anterior a cada visita
  • Imprescindible inscrición previa no formulario
  • Núm. mínimo de persoas por grupo: 5
  • Núm. máximo recomendable por grupo: 30
  • Recibirás confirmación da túa reserva cando se completen os grupos

> SOLICITA A TÚA PRAZA NAS VISITAS

 

XOGO DE PREGUNTAS: Podes descargar o xogo e visitar a exposición por libre a través dun itinerario alternativo e lúdico.

 

Entradas: 
  • De balde
  • Imprescindible inscrición previa NO FORMULARIO
  • Os grupos péchanse ás 14.00 h do día anterior a cada visita
  • Recibirás confirmación cando se pechen os grupos
Funcións: 
Xoves, 14 Novembro, 2024 a Venres, 27 Decembro, 2024
Auditorio de Galicia