CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL · PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
FILMEI PAXAROS VOANDO (2024)
Zeltia Outeiriño
Galicia / 100 min / Documental / Galego
Ficha artística:
Socorro González González, Pepe Outeiriño, Antonio Outeiriño, Concha Outeiriño, Marcos Outeiriño González
Ficha técnica:
Guión: Zeltia Outeiriño
Fotografía: Lucía C. Pan
Edición: Zeltia Outeiriño González, Nuria Mosqueira
Produción: Silvia Fuentes, Mireia Graell
Tras a proxección, coloquio co equipo do filme
Sinopse:
Zeltia, tras dúas décadas en Barcelona lonxe da súa Galicia natal e da súa nai Socorro, unha muller conservadora da que se afastou, regresa á súa terra para filmar unha película e explorar o seu desarraigamento familiar. Na súa procura de respostas, segue a vida do seu tío Antonio, un artesán téxtil co que se identifica pola súa creatividade e visión da vida. Con todo, é coa súa nai con quen realmente se reencontra, sobre todo cando a saúde de Socorro empeora. Entre rodaxes e coidados, nai e filla atopan un espazo para sandar vellas feridas e compartir momentos de complicidade e amor.
Zeltia Outeiriño (Madrid). Emigrou da súa terra, Galicia, aos 23 anos coa intención de estudar cinema e cursou a licenciatura en Comunicación Audiovisual na Universidade de Barcelona. Tras traballar como operadora de cámara de televisión durante tres anos, fíxose freelance audiovisual. Especializouse na realización de proxectos de vídeo participativo e documental, moitos deles producidos desde o colectivo As Mirillas, do cal é cofundadora. Algúns destes proxectos movéronse por festivais de cinema arredor dos dereitos humanos e a conciencia social. No 2019 cursou o Máster de Documental Creativo da Universidade Pompeu Fabra. Filmei paxaros voando é a súa primeira longametraxe documental.
Seccion oficial Nacional no Festival L’Alternativa Barcelona 2024