CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA· BRANDO FAI CEN ANOS. O ACTOR’S STUDIO, DEUSES E MONSTROS NA REVOLUCIÓN DAS EMOCIÓNS
WILD RIVER / RÍO SALVAXE (1960)
Elia Kazan
Estados Unidos / 110 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Montgomery Clift, Lee Remick, Jo Van Fleet
Ficha técnica:
Guión: Paul Osborn. Baseado nas novelas de Borden Deal e William Bradford Huie
Fotografía: Ellsworth Fredricks
Edición: William H. Reynolds
Produción: Elia Kazan
Sinopse:
América, anos trinta. Chuck Glover é un funcionario do Goberno do val do Tennessee, encargado de expropiar as terras da ribeira do río, xa que os seus habitantes sofren a miúdo os seus devastadores desbordamentos. Amais de evitar catástrofes, preténdese construír unha central hidroeléctrica que garanta o progreso da rexión. Pero ese proxecto esixe a demolición das vivendas dunha pequena poboación e a evacuación dos seus habitantes. E o caso máis difícil de resolver é o dunha muller de 80 anos que se resiste con todas as súas forzas a abandonar o fogar dos seus devanceiros. Mentres Chuck intenta convencer a anciá, vaise namorando da súa neta, a fermosa Carol.
Sección oficial da Berlinale 1960