CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
BLACK STONE / PEDRA NEGRA (2022)
Spiros Jacovides
Grecia / 87 min / Ficción / Grego
Ficha artística:
Eleni Kokkidou, Julio Katsis, Negros Tou Moria, Ahilleas Hariskos
Ficha técnica:
Guión: Spiros Jacovides, Ziad Semaan
Fotografía: Ahilleas Hariskos
Edición: Ioanna Pogiantzi
Produción: Maria Kontogianni, Mihalis Sarantinos
Sinopse:
Mentres un equipo de documentalistas grava unha reportaxe sobre funcionarios ausentes, topan con Haroula, unha nai grega desesperada que busca o seu fillo desaparecido, un funcionario que se esvaeceu sen deixar rastro. A súa preocupación aumenta cando o nome do seu fillo aparece vinculado cun caso de fraude gubernamental, no que parece estar implicada unha muller estranxeira. Decidida a demostrar a súa inocencia, Haroula embárcase nunha peculiar viaxe, acompañada do seu outro fillo, Lefteris, que ten unha discapacidade, e dun taxista greco-africano que se ofrece a axudalos. Pola súa banda, o equipo de documentalistas segue a súa travesía, gravando cada paso desta odisea.
Spiros Jacovides (Atenas, Grecia). Cineasta recoñecido polo seu traballo en documentais e longametraxes que exploran temáticas sociais, familiares e políticas con gran sensibilidade e humor irónico. Nado a finais dos anos 70, Jacovides medrou nun contorno influenciado polos cambios políticos e culturais do seu país, algo que logo se reflectiría na súa obra cinematográfica. Estudou Cinema e Medios Audiovisuais en Londres, onde se interesou particularmente pola combinación de ficción e documental como ferramentas narrativas.
Mellor debut, premio do público, premio do xurado novo no Festival de Tesalónica 2022
Esta proxección forma tamén parte da actividade paralela 'Do guión á pantalla. Encontro con Spiros Jacovides' programada o xoves 14 ás 15.30 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia co apoio de ArteKino.