CINEUROPA MIÚDA
VALENTINA O LA SERENIDAD (2023)
Ángeles Cruz
México / 86 min / Ficción / Español
Ficha artística: Danae Ahuja Aparicio, Alexander Gadiel Mendoza Sanchéz, Myriam Bravo
Ficha técnica:
Guión: Ángeles Cruz
Fotografía: Carlos Correa
Edición: Felipe Gómez
Produción: Isis Ahumada, Myriam Bravo, Ángeles Cruz
Sinopse:
Valentina, unha nena que vive en Villa de Guadalupe Victoria, na rexión mexicana de Oaxaca, enfróntase á perda do seu pai nun accidente. No seu intento de comprender e de aceptar esta dolorosa realidade, Valentina busca refuxio na fantasía e imaxínase como unha superheroína cun pano da casa como capa. Con poderes imaxinarios sobre o vento, a terra e as árbores, tenta superar a devastadora ausencia do seu pai. A historia é un delicado camiño cara á aceptación da morte e a aprendizaxe de continuar coa vida, a pesar da perda.
Mellor película e mellor actriz (Myriam Bravo) no Festival de Huelva 2023
Imaxe de portada Valentina
____
EU VOU COMIGO (2024)
Chelo Loureiro
España/ 7 min / Animación / Galego
Todos os públicos
Ficha técnica:
Guión: Chelo Loureiro
Fotografía: Nani Garcia
Voz: Uxía Castro
Sinopse:
Elisa está namorada de Martín, pero el parece non decatarse dos seus sentimentos. Ao buscar consello para atraer a súa atención, cae na conta de que moita xente lle suxire mudar non só o seu aspecto, senón tamén o celme da súa identidade. Ante esta encrucillada, Elisa enfronta a difícil decisión de renunciar á súa esencia auténtica para conquistar a Martín. A medida que reflexiona, pregúntase se realmente paga a pena transformarse por alguén que non parece valorala tal como é.
Chelo Loureiro (Ferrol). Membro da Xunta Directiva do Clúster Audiovisual Galego, da Academia de Artes e Ciencias Cinematográficas de España e da Academia Galega do Audiovisual. Na súa carreira cinematográfica destaca a súa primeira longametraxe como directora, Valentina, que gañou o Premio Goya á mellor película de animación no 2022. A súa filmografía acumula máis de 300 premios internacionais, entre eles 4 premios Goya e 10 Premios Mestre Mateo.