MOND / MOON

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL· NOVAS/OS CINEASTAS

MOND / MOON (2024)

Kurdwin Ayub

Austria / 92 min / Ficción / Inglés, alemán, árabe

Ficha artística:

Florentina Holzinger, Andria Tayeh, Celina Antwan, Nagham Abu Baker

Ficha técnica:

Guión: Kurdwin Ayub

Fotografía: Klemens Hufnagl

Edición: Roland Stöttinger

Produción: Bruno Wagner, Veronika Franz, Ulrich Seidl

Sinopse:

Sarah, unha antiga loitadora de artes marciais, acepta a oferta de adestrar as tres fillas dunha rica familia en Xordania. O que parecía ser o traballo dos seus soños axiña se torna desacougante. As irmás, illadas e baixo constante vixilancia, non amosan interese ningún polo adestramento e Sarah comeza a cuestionarse a verdadeira razón pola que a contrataron. Ao se ir adentrando na vida destas mozas, descobre segredos perturbadores que a levarán a confrontar non só a súa misión como adestradora, senón tamén as complicadas dinámicas de poder e control que a rodean.

Kurdwin Ayub (Duhok, Iraq). Directora, guionista e artista. Dende o 2010, os seus traballos performativos, filmes de animación, videoclips e mais as súas películas documentais e de ficción en formatos curtos e longos presentáronse nunha morea de festivais de cinema e exposicións en todo o mundo e recibiron numerosos premios. A súa primeira longametraxe foi o documental Paradise! Paradise! (2016) e a súa primeira longa de ficción, Sonne, estreouse no 2022 na sección Encounters na Berlinale e foi galardoada co premio á mellor opera prima.

Premio especial do xurado, Boccalino de Ouro da crítica

 

Duración: 
92 MIN
Entradas: 
  • 4 euros

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Funcións: 
Luns, 18 Novembro, 2024
18:15
Salón Teatro
Xoves, 21 Novembro, 2024
22:15
Salón Teatro
MULTIMEDIA

Mond | Trailer | Film Fest Gent 2024