ARMAND / A TITORÍA

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · NOVAS/OS CINEASTAS

ARMAND / A TITORÍA (2024)

Halfdan Ullmann Tøndel

Noruega, Países Baixos, Alemaña, Suecia / 116 min / Ficción / Noruegués

Ficha artística:

Renate Reinsve, Ellen Dorrit Petersen, Øystein Røger, Endre Hellestveit, Thea Lambrechts Vaulen, Loke Nikolaisen, Vera Veljovic-Jovanovic, Karen Chika Gjølmesli

Ficha técnica:

Guión: Halfdan Ullmann Tøndel

Fotografía: Pål Ulvik Rokseth

Edición: Robert Krantz

Produción: Andrea Berentsen Ottmar, Sol Bondy, Fred Burle, Koji Nelissen, Derk-Jan Warrink, Dyveke Bjørkly Graver

Sinopse:

Armand, un neno de 6 anos, é acusado de sobrepasar certos límites co seu compañeiro de clase Jon. Ninguén sabe exactamente o que aconteceu, así que a dirección da escola convoca os pais para dilucidar os feitos, o que desencadea un axitado conflito que porá sobre a mesa cuestións como a sexualidade na infancia, a culpabilidade ou a complexidade das zonas grises que existen entre a violencia e o xogo. Unha película chea de matices tonais que amosa como o comportamento dos nenos non deixa de ser un reflexo do dos adultos.

Halfdan Ullmann Tøndel (Oslo, Noruega). Director e guionista neto de Liv Ullmann e Ingmar Bergman.  Dirixiu dúas curtametraxes, Bird Hearts (2015) e Fanny (2017), que se proxectaron en festivais de todo o mundo, incluíndo Toronto, Karlovy Vary, Palm Springs, Aspen e Busan. Estes filmes recibiron varios premios e dúas nominacións á Academia Norueguesa como mellor curta. A titoría é a súa primeira longametraxe.

Premio á mellor ópera prima no Festival de Cannes 2024

Premio da crítica no Festival de Atenas 2024

Premio do xurado novo na Seminci 2024

 

Duración: 
116 MIN
Entradas: 
  • 4 euros

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADASCINEUROPA

 

Funcións: 
Martes, 19 Novembro, 2024
19:30
Salón Teatro
Sábado, 23 Novembro, 2024
20:00
Salón Teatro
MULTIMEDIA

ARMAND Trailer | RIGA IFF 2024