CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
QUIET LIFE / VIDA EN PAUSA (2024)
Alexandros Avranas
Francia, Alemaña, Suecia, Grecia, Estonia, Finlandia / 99 min / Ficción / Ruso, sueco, inglés
Ficha artística:
Chulpan Khamatova, Grigory Dobrygin, Naomi Lamp, Miroslava Pashutina, Eleni Roussinou
Ficha técnica:
Guión: Alexandros Avranas, Stavros Pamballis
Fotografía: Olympia Mytilinaiou
Edición: Dounia Sichov
Produción: Alejandro Arenas, Adeline Fontan Tessaur, Sylvie Pialat, Benoît Quainon
Sinopse:
Sergei e Natalia e as súas dúas fillas son unha familia de refuxiados que intentan levar unha vida normal en Suecia: traballan arreo, envían as pequenas á escola local e aprenden o idioma, esperando ser algún día cidadáns do país. Pero cando rexeitan a súa solicitude de asilo, á súa filla menor, Katja, dálle un vaído e cae nun misterioso coma. Esta síndrome que afecta a nenos refuxiados provoca preocupación entre médicos e políticos. Os pais, no entanto, loitan por atopar unha cura, enfrontándose a un dilema moral que poñerá á proba a súa resistencia e a súa unidade familiar en circunstancias extremas.
Alexandros Avranas (Larissa, Grecia). Comezou a estudar escultura na Escola de Belas Artes de Atenas e despois continuou na Universitat der Kunste de Berlín. Coa súa primeira película Without gañou sete premios no 49º Festival de Cine de Tesalónica e foi nomeado para o Premio ao Mellor Director no Festival Internacional de Cine de Milán. En todas as súas obras, tanto no cine como nas artes visuais, examina cuestións sociais e políticas. Alexandros Avranas ridiculiza e denuncia a nosa indiferenza e pasividade.
Sección Orizzonti do Festival de Venecia 2024