FISIÓN ATLÁNTICA ENSEMBLE · O SEGREDO DE HAYDN

DATOS BÁSICOS

FISIÓN ATLÁNTICA ENSEMBLE ·O SEGREDO DE HAYDN

O Auditorio de Galicia acolle un concerto arredor do libro-disco que leva por título O segredo de Joseph Haydn do autor Suso de Toro e ilustrado por Xosé Cobas.

Luis Soto (frauta), Nikolay Velikov (violín), Ioana Ciobotaru (viola) e Álvaro Quintanilla (violoncello) musicarán un volume no que Suso de Toro relata un episodio descoñecido até o momento da biografía de Joseph Haydn: un desvío da ruta que o levaba a Londres e que lle permitiu coñecer o reino galego. Haydn  descobre a nosa gastronomía, a nosa lingua, a música que se tocaba naquel momento en Compostela, e tamén deixa a súa influencia nos músicos do momento. Un acontecemento que imprimiu unha pegada sentimental na memoria do gran compositor. Todo o que relata o autor conta con documentación da época, excepto a propia visita do músico, da cal non hai constancia certa. 

O concerto contará coa presenza do propio Suso de Toro e co Xosé Cobas que estarán asinando exemplares do libro dende unha hora antes do comezo do evento. Neste espazo aberto á combinación de literatura e música estará ademais a escritora Fina Casalderrey asinando o libro O xenio da cidade de sal, tamén ilustrado por Xosé Cobas. Estoutro libro-disco convida coñecer a figura de Mozart a través dunha viaxe polo Camiño de Santiago ata chegar a Galicia. Contén un CD, coordinado e interpretado polo frautista Luis Soto, con cuartetos de Mozart para frauta e trío de cordas que dialogan coas músicas tradicionais galegas.

PROGRAMA

Joseph Haydn (1732 - 1809)
Cuartetos para frauta e trío de cordas coas Danzas de Reis de Guláns.

Cuarteto para frauta. Op. 5 núm. 1 en Re maior
- Danza do Pau 
- Danza de Arquillos - Versión III

Cuarteto para frauta Op. 5 núm. 4 en Sol maior
- Danza de arquillos - Versión I

Cuarteto para frauta Op.5 núm. 6 en Do maior
- Canto de Reis 

 

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Domingo, 22 Decembro, 2024
18:00
Auditorio de Galicia