CONTEMPORÁNEAS · BY THE WAY... · ABAL&BELLAS

DATOS BÁSICOS

ABAL&BELLAS

7mocións (2023)
Erick Feles (1987)
By the Way...* (2025)
Teresa Bretal (1984)
Sonatina op. 99 (2010)
Fulvio Caldini (1959)
Music in Fifths (1969)
Philip Glass (1937)
É rama na maré (2022)
David Bellas (1985)
Et suseia (2020)
David Bellas
Viveiro 1540 (miniaturas) (2021)

David Bellas

*Estrea Absoluta

A través do uso de instrumentos cunha fonda raíz na música tradicional, gaita e zanfona, Abal&Bellas adquiren unha linguaxe nova que permite explorar diferentes posibilidades tímbricas e sonoras. Este proxecto trata de facer unha aproximación á música contemporánea a través da adaptación de música xa escrita para outras formacións ou instrumentos (Stockhausen, Caldini, etc.), incluíndo estrea de composicións feitas ex profeso para esta formación (Bellas, Feles, etc.).

Neste concerto poderemos achegarnos á música de gaita e zanfona a través dunha linguaxe que se aproxima a unha estética contemporánea. A adaptación de obras para outros instrumentos como as de Caldini, ou Glass fai de fío condutor para a presentación dun repertorio que contén obras escritas ex profeso para este conxunto instrumental, con autores como Feles e Bellas. A isto, engadimos por últimoa estrea absoluta dunha obra escrita por Teresa Bretal, que representa a nova fornada de compositoras en Galicia.

By the way..., un título con puntos suspensivos que fai alusión a un dos éxitos de Red Hot Chili Peppers e que significa ‘por certo’, é unha obra que constrúe unha alegoría sobre o espazo nun camiñar ou nun contemplar dende as barreiras que o suxeitan. Trasládanos a un mundo que representa a parte interna do ser humano, contemplando dende dentro con respostas cheas de coraxe e furia interior pero que, ao mesmo tempo, permite chegar a un equilibrio. Esa circulación movéndose nun universo pechado en balance onde sempre hai unha parte que pola súa forza desequilibra á outra, é a que xera o movemento e  funcionamento.

 

 

Entradas: 
  • Entrada de balde até completar capacidade
Funcións: 
Mércores, 22 Xaneiro, 2025
20:30
Auditorio de Galicia