Roteiros Patrimonio C · Máis de dúas Marías. Mulleres de Compostela
Achegar á veciñanza a riqueza patrimonial compostelá e reivindicar elementos destacados da historia e a memoria da cidade son os obxectivos dos Roteiros Patrimonio C, unha nova proposta de Compostela Cultura para os xoves de outubro, novembro e decembro, ás 19 horas.
Cada mes haberá unha serie de rutas temáticas guiadas e de balde que permitirán descubrir elementos e espazos patrimoniais pouco coñecidos, alén das vivencias, relatos e persoas que os poboaron. En novembro, o itinerario 'Máis de dúas Marías. Mulleres de Compostela' dará a coñecer as vidas e historias dalgunhas compostelás ilustres que a historia mantivo, e mantén, inxusta e inmerecidamente no esquecemento.
O prazo de inscrición para todos os itinerarios abrirá o luns 30 de setembro ás 12.00 horas e pechará unha vez se esgoten todas as prazas.
Tanto a confirmación da praza como o punto de saída de cada ruta será comunicado ás persoas inscritas a través de correo electrónico.