DEMENTE

DATOS BÁSICOS

ARTES ESCÉNICAS · DANZA 

DEMENTE
FRAN SIEIRA

Autor: Francisco Agustín Sieira González.
Dirección artística: Carla Diego Luque.
Intérpretes: Fran Sieira, Aida Tarrío, Adela Otero, Daniel Rodríguez, Artur Puga, Martín Mondragón, André Adrio, Patricia Sánchez
Composición musical: Cristian Silva Bóveda.
Deseño de luces: Fidel Vázquez Díaz.
Deseño de escenografía e vestiario: Carlos Alonso Alonso.
Deseño do espazo sonoro: Isaac Millán Lledo.

Demente é unha obra de baile e música tradicional de Fran Sieira Compañía de Danza que aborda o estigma das patoloxías vinculadas á saúde mental. En escena, a coreografía amosa a evolución histórica que sufriron, e sofren, as persoas con trastornos de saúde mental: dende a reclusión practicamente carceraria ata as contencións químicas. 
En 2023, a peza estivo programada no Teatro Joge Elicer Gaitán de Bogotá, en Colombia, e foi un dos espectáculo seleccionado en FETÉN. En 2022, foi finalista en sete categorías dos Premios Max, entre eles ao mellor espectáculo de danza, e formou parte da programación de Camiño Escena Norte.

Esta función é a despedida dos escenarios do espectáculo Demente.

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 28 Decembro, 2024
20:30
Auditorio de Galicia