TEATRO DE PAPEL

DATOS BÁSICOS

ARTES ESCÉNICAS · CIRCO

TEATRO DE PAPEL
RAUXA CIA
Idade: > 4 anos
Duración: 45 min
Lingua: sen texto

Teatro de Papel é un espectáculo de circo contemporáneo que mediante a manipulación de obxectos, o clown, o teatro físico e unha bagaxe de monicreques extraordinarios busca reivindicar o poder da imaxinación. 
O Teatro de Papel é unha persoa na súa soidade, é unha festa sen celebración, un monodiálogo onde a imaxinación alixeira o peso da soidade para dar paso a un mundo poético e onírico. 
É unha pausa, un erro nun sistema acelerado. Un momento suspendido no tempo no que o mundo se detén e a poesía baila.

Duración: 
45 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Venres, 29 Novembro, 2024
20:30
Teatro Principal