Portada
Música
Escena
Visual
Cineuropa
Familia
Didáctica
Patrimonio
Acceso usuarios/as
Axenda C
Calendario
Buscador
Contacto
Aviso legal
PORTAL INSTITUCIONAL
Auditorio de Galicia
Teatro Principal
Zona C
Alugueiro de salas
Compostelánea
Sede Electrónica
Portal de Transparencia
Banda Municipal
Curtocircuito
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia
Xornadas de Música Contemporánea
e-auditoriodegalicia.net
Supernova, o espazo para cineastas emerxentes, celebra a segunda das sesións.
Imaxe: O corpo que existe máis que eu
O corpo que existe máis que eu
El cuerpo que existe más que yo
2024
Elena Mato
0:18:30
EXP-DOC
El cuerpo que existe más que yo é unha curtametraxe baseado no material de arquivo que reflexiona sobre as relacións e a nostalxia a través do movemento subcultural de 'La Ruta del Bacalao'. Utilizando unha liña informativa, analiza a súa historia e referentes, demostrando a vangarda e variedade artística en Valencia durante a década dos oitenta. Paralelamente, a voz narrativa articula unha segunda liña poética, que reflexiona sobre a nostalxia e as relacións líquidas na actualidade. A través da combinación de ambas, a obra crea unha perspectiva interxeneracional cerca do recordo, a memoria e a súa idealización.
.jpeg
Esta peza xorde dun interese persoal polo formato físico das fotografías. Os meus pais gardaron múltiples fotografías erradas, algunhas delas borrosas ou cun dedo diante do obxectivo. Gardaron estas fotos igual que o resto. Algunhas mesmo chegaron a estar nos nosos álbums familiares. Con todo, cando compraron a súa primeira cámara dixital, as imaxes perdéronse por descoido ou quedaron no esquecemento.
Muiño D'abaixo
A curtametraxe reflexiona sobre como o paso do tempo transformou a atmosfera do muíño onde naceu o avó da autora, hoxe en día deshabitado. Convida a concibir os espazos como depósitos de vida e memoria, e a deixar levar a imaxinación a través do mundo espectral que ela mesma descobre ao explorar a casa na actualidade.
A mirada delas
She looks
A miña nai sempre me dixo que podía ser o que quixese. Xunto con outro tres artistas femininas e utilizando o meu arquivo doméstico como nexo, inicio unha reflexión persoal sobre a liberdade, a muller, a cultura no medio rural e a importancia de nosas propias raíces.
En liña: Recoméndase a adquisición en liña de todas as entradas do festival.
Presenciais: para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa a súa localización.