Esta sección naceu para dar un espazo a eses primeiros traballos que non teñen fácil acceso a grandes espazos de difusión profesional. O festival quere proporcionar a cineastas emerxentes a oportunidade de presentar, defender e acompañar os seus filmes en fronte a programadoras, produtores e realizadores máis experimentados que poidan cuestionar as propostas e enriquecer os coloquios.
Unha muller volve a casa para lembrar(se) e recoñecerse. Colle unha cámara e filma por primeira vez. O retrato da súa nai e da súa avoa é tamén o seu propio retrato. Grazas a elas, reconcíliase co lugar e cos recordos.
Vivir ata o amencer
May You Live To See The Dawn
2024
Patricia Lleras, Ramón Martínez
0:14:59
FICCIÓN
Tres mozas mergúllanse no aEther, un programa informático no que deben atoparse a si mesmas e unha forma de escapar do seu pasado. Esta ambientación ciberpunk mostra a nova colección da deseñadora de moda independente Evelin Carrillo.
Gralla
2024
Rebeca Tella, Daniel Filloy
0:18:00
CIENCIA FICCIÓN
Estrea en Galicia
Anos antes do banquete de TARA, coa institución xa instaurada e nun mundo cunha moral cada vez máis corrupta, Gralla, unha sacerdotisa solitaria, emprende unha viaxe co seu confesionario errante predicando unha nova forma de perdón... ata que un home misterioso decide cuestionala.