CURTOCIRCUÍTO 2024 · DOPO LA PAUSA · LIVE A/V

DATOS BÁSICOS

Irene de Andrés & Javi Álvarez

Dopo la pausa

Dopo la pausa é o resultado dunha travesía polo Mediterráneo occidental seguindo a evolución da turistificación desde o escenario rpincipal do seu máximo expoñente: o cruceiro. Estas cidades flotantes que se deslizan de porto en porto como fichas de Air Hockey, ofrecen a través da fiestra do camarote un trvelling propiciado polo propio movemento do barco, que invita á contemplación reflexiva con referencias a outras películas basadas en cruceiros que navegan este mar tan cotizado. A banda donora da película foi composta e interpretada usando os pianos da Academia de España en Roma, e será executada en directo nesta sesión do Festival Curtocircuíto.

Irene de Andrés

Irene de Andrés naceu nun dos destinos turísticos máis desexados, a illa de Eivissa, o que inevitablemente lle levou a investigar a evolución do lecer e do propio significado da viaxe ao longo da historia, desde os primeiros colonos aos operadores turísticos. Balnearios, cruceiros e discotecas, son os escenarios crave para a artista que, a través de pezas fílmicas, escultóricas ou fotográficas, conforma viaxes a través do tempo e por distintas augas, nos que conecta diversos feitos históricos que nos fan reflexionar sobre o modelo de consumo turístico, especialmente deseñado para a clase obreira.

Javi Álvarez

‍Javi Álvarez é un artista e músico nado en Santiago de Compostela, cidade que conta con 96.000 empadroados e que no 2022 bateu o seu récord de turistas, superando o millón e medio de pernoctacións. No 2023 esta cifra aumentou un 33% por cento, e só na primeira metade do 2024 xa se pulverizaron ditas marcas.

I

Duración: 
40 MIN
Entradas: 

En liña: Recoméndase a adquisición en liña de todas as entradas do festival.

Presenciais: para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa a súa localización.

  • Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): aberta de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Teléfono: 981 54 24 62
  • Teatro Principal: durante a celebración do festival (do 2 ao 6 de outubro) dende unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o comezo da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349

 

Funcións: 
Xoves, 3 Outubro, 2024
23:00
Teatro Principal