ARTES ESCÉNICAS · EN FAMILIA
LA MAESTRA · ANITA MARAVILLAS
Idade recomendada: > 6 anos
Duración: 55 min
Lingua: sen texto
A mestra é valente, hábil e riseira. Cre nas capacidades de todas as nenas e os nenos e canda elas e eles construíu unha fermosa escola no bosque con cabida para todos os animais. A súa palabra máis querida é “liberdade”, porque a mestra quere que a súa clase creza libremente. Porén, as persoas maiores comezan unha guerra que obrigará a clase a deixar atrás a súa soñada escola. A historia de La Maestra é un intento tolo e fermoso de ser libre e feliz. A través desta historia viaxan as palabras daquelas valentes mestras que bisbaban ao oído que a primeira condición para ser libre é tentalo.
Idea orixinal: Miren Larrea
Dirección: Iván Alonso
Deseño e construción de monicreques: Valentina Raposo
Dirección artística e técnica: Ion Chavez
Intérpretes: Miren Larrea / Maren Basterretxea; Valentina Raposo
Música orixinal e versións: Fran Lasuen
Deseño de iluminación: Ion Chavez
Deseño de escenografía: Calvito&Tupe
Constución de escenografía: Iñaki Ziarrusta (Atx Teatroa), Javi Tirado
Deseño e realización de vestiario: Betitxe Saitua
Vestiario de monicreques: Paulette San Martín
Atrezzo: Javi Tirado
Ilustradora: Malen Amenabar
Poema: Miren Amuriza
Rexistro do proceso creativo: Miren Amuriza, Malen Amenabar
Deseño gráfico: Oihane Chourraut
Fotografía: Txelu Angoitia
Produción executiva: Iratxe Extremiana - Portal71
Coordinador de produción: Ainhoa Bernaola
Colabora: Zornotza Aretoa
Residencias en: Topic Tolosa, Harrobia Bilbao, Casa de los Títeres de Abizanda, San Agustin Kultur Gunea Durango
Axuda en xira: Inaem – Instituto Etxepare
Co apoio de: Goberno Vasco