CINEMA
CINEMA NA RÚA · IMITACIÓN Á VIDA
Imitación á vida (Imitation of Life, Douglas Sirk, 1959, 124, VOSG)
Unha aspirante a actriz viúva, Lora Meredith, coñece a Annie Johnson, unha muller negra que se ofrecer a coidar da pequena Susie. Annie tamén ten unha filla, Sarah Jane, de pel tan clara que adoita pasar por branca. Mentres o ascenso á fama de Lora pon en perigo a súa relación con Susie, Sarah Jane rebélase contra as súas raíces afroamericanas afastándose da súa nai.
O gran mestre do melodrama clásico, Douglas Sirk, dirixe unha obra mestra adiantada ao seu tempo sobre as consecuencias de ser negra na racista sociedade americana dos 50.