REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
TEMPORADA DE VERÁN · FÓRA DE ABONO
Sebastian Zinca, director
Paulina Bielarczyk, soprano
L. v. Beethoven: Prometeo (Abertura)
W. A. Mozart: Idomeneo: 'Padre, germani, addio' (Recitativo e aria)
J. Sibelius: Vals triste
W. A. Mozart: Cossí fan tutte: 'Ei parte, senti… per pieta' (Recitativo e aria)
A. Beach: Invocation
W. A. Mozart: Cossí fan tutte: 'Temerari… come scoglio' ( Recitativo e aria)
G. Verdi: Otello: Ave María (Aria)
L. v. Beethoven: Sinfonía num. 8 en Fa maior, op. 93 (1º mov.)
CONCERTO NA IGREXA DE SANTO AGOSTIÑO
Durante os meses de verán, a Real Filharmonía de Galicia desprázase a distintos barrios de Santiago e a varias localidades da contorna galega para achegar concertos acordes á liña da súa nova tempada. O día 18 de xullo, a Orquestra ofrecerá na compostelá Igrexa de Santo Agostiño un programa con obras de Beethoven, Mozart, Beach, Sibelius e Verdi baixo a dirección de Sebastian Zinca e na compaña da soprano Paulina Bielarczyk.