TALÍA TEATRO
(Teatro)
Idade recomendada: 4º ESO e Bacharelato
Duración: 65 min
Lingua: galego
O espectáculo está concibido como unha reflexión en ton cómico sobre a ausencia xeralizada de educación sexual, tanto no ámbito doméstico, como no marco formativo regrado; tamén sobre a súa substitución polo que se pode aprender na pornografía e nas redes sociais, coa consecuente aparición de malos hábitos, frustracións, estereotipos sexistas e unha excesiva presión á hora de manter relacións afectivo-sexuais.
Como foi a nosa educación sexual?
Estamos preparados para ter unha sexualidade sa?
Sabemos como afrontar as nosas relacións?
Somos capaces de educar ás próximas xeracións?
Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo?
Na pornografía? Nas redes sociais?
E que consecuencias ten formarse así?
Intentemos fixarnos nas publicacións, na música, na publicidade...
Vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da historia, pero na que todas estas cuestións seguen a seren tabú.
DeseXo é un xoguete cómico que aborda todo isto, porque xa vai sendo hora de falar claramente sobre sexo. Os Jalochos teñen como obxectivo xogar coa música e a palabra a través dun concerto de participación activa mediante xogos basados no ritmo, na percusión corporal, no baile, na escritura creativa e a lingua de signos.