FESTIVAL C · CIRCO GALAICO

DATOS BÁSICOS

EN FAMILIA · LETRAS

CONTOS NO PARQUE (APEGO)

CIRCO GALAICO
Títeres Alakrán

 

O Programa Apego abre un espazo de narración no parque de Bonaval os martes de agosto ás 18.00 horas. Mantiña, merenda… con contos, cantos, monicreques.... para escoitar, participar e socializar en galego. O martes 27, Títeres Alakrán ofrece un espectáculo de variedades conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo. Un circo único onde a maxia e o fantástico se mestura co autóctono, onde os artistas serán animais da fauna galega en liberdade. Entre outros, contaremos con: Xaquín o forzudo xabaril; Corvus, o corvo equilibrista; Pedriño, o raposo malabarista e a incrible cabra Ribelina.

 

Duración: 
45 min
Entradas: 
  • Acceso libre
  • Idade recomendada: > 3 anos
  • Lingua: galego
Funcións: 
Martes, 27 Agosto, 2024
18:00
Parque de Bonaval
MULTIMEDIA

Circo Galaico, Títeres Alakrán