FESTIVAL C · CINEMA NA RÚA · A MULLER PANTERA

DATOS BÁSICOS

CINEMA

CINEMA NA RÚA · A MULLER PANTERA

A muller pantera (Cat People, Jacques Tourneur, 1942, 73 min, VOSG)
Durante unha visita ao zoo, Oliver coñece a Irena, unha muller de orixe serbia que debuxa xunto á gaiola das panteras. Ambos namoran e ao pouco tempo casan a pesar de que Irena está convencida de que fai parte dunha saga de mulleres malditas que se transforman en panteras para matar. Oliver pon a Irena en mans dun psiquiatra e comparte as súas preocupacións con Alice, unha compañeira de traballo. O celos de Irena abondarán para que se desaten os acontecementos.

Jacques Tourneur dirixe con mestría este clásico da Serie B producido por Val Lewton, cunha excepcional fotografía de Nicholas Musuraca e o inesquecible papel da francesa Simone Simon como protagonista.

 

Duración: 
2 h
Entradas: 
  • Acceso libre
  • Idade recomendada: a partir de 12 anos
  • Lingua: proxección en VOSG. Presentacións e coloquio en galego
Funcións: 
Martes, 27 Agosto, 2024
21:00
Rúa Concepción Arenal