EN FAMILIA · MÚSICA · LETRAS
APEGO
CADERNO DE CORES E CANCIÓNS
Magín Blanco
O Programa Apego abre un espazo de narración no parque de Bonaval os martes de agosto ás 18.00 horas. Mantiña, merenda… con contos, cantos, monicreques.... para escoitar, participar e socializar en galego. O martes 13 é quenda para Magín Blanco con Caderno de Cores e cancións, un concerto participativo na compaña do músico Pablo Vidal na que convida as crianzas a achegarse ao proceso creativo e a xogar cos elementos que compoñen as cancións: as melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.
Idade recomendada: > 3 anos.