FESTIVAL C · OTEMPODIZ

DATOS BÁSICOS

ARTES ESCÉNICAS · DANZA

OTEMPODIZ

Ertza

"Vós tendes o reloxo, nós temos o tempo".  
Dise que en occidente o tempo se conta, se mide, se merca, se vende, se planifica e se organiza; é un ben obxectivo, independente ao ser humano, que usamos para facer cousas, pero case sempre nos falta. En cambio, en África o tempo vívese, tense, faise; é un ben subxectivo e inherente ao ser humano, que se habita e case nunca falta. O feito de que nazamos nun lugar concreto do mundo marca indefectiblemente a noción que temos do tempo, e aínda que nada é inamovible, a duras penas conseguiremos desprendernos desa primeira noción adquirida. O tempo pódese vivir de moitas maneiras, incluso ser escravo del; pero o que non se pode negar, e isto é válido para calquera recuncho do mundo, é o poder que nos dá a danza, sexa cal for a súa orixe, xénero ou condición, para vivir o tempo nun presente absoluto.

Idea orixinal, dirección e coreografía: Asier Zabaleta

Bailaríns: FeniasNhumaioy DeissaneMachava.

Música: Varios

Apoios: AECID, SORTUTAKOAK (GipuzkoakoDantzagunea), ATLANTIKALDIA

Produción: Ertza Sokuntza Artistikoa S.L.

 

Duración: 
25 min
Entradas: 
  • Acceso libre
  • Lingua: sen texto
Funcións: 
Luns, 12 Agosto, 2024
20:00
Cemiterio de Bonaval