EN FAMILIA · LETRAS
CONTOS NO PARQUE· APEGO
BARQUIÑO DE PAU
Tropa de Trapo
O Programa Apego abre un espazo de narración no parque de Bonaval os martes de agosto ás 18.00 horas. Mantiña, merenda… con contos, cantos, monicreques.... para escoitar, participar e socializar en galego.
O martes 6, a Tropa de Trapo leva á zona dos arcos do parque O barquiño de Pau, unha peza para espertar os sentidos do público miúdo e explorar o mundo mariño dunha maneira amena e participativa. O acordeón, a mandola portuguesa, o dizi chinés ou o propio corpo poñerán a música que acompañará as texturas da buguina, da auga, do papel, da tea… para recitar poemas, xogar coas palabras e debuxar ideas.
Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe no barquiño de pau. Veremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións de gaivotas e moverémonos coma nécoras. E incluso daremos unha volta baixo o mar.