REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
ABONO
Baldur Brönnimann, director
Marie-Claude Chappuis, mezzosoprano
Miguel Matamoro: Endurance*
Hector Berlioz: Les Nuits d’été
Ludwig van Beethoven: Sinfonía núm. 5 en Do menor, op. 67
(*) Encarga da RFG. Estrea absoluta
Coa participación do alumnado da EAEM
CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann
Sala Mozart, 19:45h
MÁIS ALÁ
Miguel Matamoro é un dos compositores da nova xeración galega interesado na procura de conexións entre posibilidades sonoras non exploradas. Endurance, encarga da Real Filharmonía de Galicia, inspírase na historia épica dunha travesía mariña ao límite. A temporada chega ao seu fin con dous dos compositores inconformistas que tiveron unha forte presenza nela. Berlioz proponnos unha viaxe polas vertentes máis íntimas da alma humana en Les Nuites d’été, seguindo o texto do seu amigo Théphile Gautier, La comédie de la mort. Despois, transitamos do Romanticismo francés ao alemán, da man de Beethoven; se no anterior concerto soaba a Sétima Sinfonía, a temporada finaliza coa mítica Quinta. É esta unha obra que nos interpela sobre o sentido da vida, expresión fonda do compromiso coa humanidade do compositor que revolucionou o devir da historia da arte coas súas obras.