RFG · ROMPENDO MOLDES

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

ABONO

Baldur Brönnimann, director
Vadym Kholodenko, piano

Claude Debussy: Prélude à l’après-midi d’un faune
Franz Liszt: Concerto para piano núm. 2 en La maior, S. 125
Joachim Raff: Sinfonía núm. 5 en Mi maior, op. 77 “Lenore”

Coa participación do alumnado da EAEM

CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann
Sala Mozart, 19:45h

ROMPENDO MOLDES

Debussy abre o programa cunha obra que desborda sensualidade cromática, o Prélude à l’après-midi d’un faune, estreada en 1894. O compositor, que detestaba o cualificativo de impresionista, inspirouse nun poema de Mallarmé para escribir esta peza que marca o inicio da música moderna. Cincuenta anos maior, a boa estrela guiou a vida de Liszt: pianista extraordinario, idolatrado e respectado como ningún outro no seu tempo, o Concerto para piano núm. 2 é excepcionalmente moderno e representa un completo tour de force tanto para o pianista como para a orquestra. Sen o apoio de Liszt, o compositor suízo Joachim Raff non tería escrito once sinfonías, das cales a Quinta é a máis descri- tiva. Foi estreada en 1872 e describe a historia de amor de Lenore e Wilhem, dúas personaxes de lenda gótica que viven o seu encontro nesta música, desde a alegría do primeiro movemento ao místico adeus do último.

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Xoves, 20 Febreiro, 2025
20:30
Auditorio de Galicia