REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
ABONO
Amandine Beyer, directora e violín
Marianne von Martinez: Sinfonía en Do maior
Maddalena Lombardini: Concerto para violín núm. 3 en La maior, op. 3
František Xaver Richter: Sinfonía con fuga en Sol menor, op. 7
Pre-concerto do alumnado da EAEM na Sala Mozart ás 19:30h.
MARIANNE E MADDALENA
Poucas persoas tiveron en Viena a exquisita educación de Marianne von Martinez, procurada polo seu pai. Alumna de Haydn e promotora de Mozart, a Sinfonía en Do maior amosa a xenialidade dunha compositora cativadoramente clásica. Excepcional e atípica foi tamén a traxectoria da veneciana Maddalena Lombardini: violinista, cantante e compositora. Alumna predilecta do violinista Tartini e eloxiada por Leopold Mozart, ela mesma interpretou por toda Europa a súa música, na que o Concerto para violín núm. 3 ocupa un lugar privilexiado. Dotado dunha escritura violinística moi virtuosa, o Concerto será interpretado nesta ocasión pola artista en residencia Amandine Beyer, na súa dobre faceta de directora e violín solista. A Sinfonía con fuga en Sol menor é un exemplo temperán da mestría do compositor František Xaver Richter neste xénero (o da fuga), do que escribiu un tratado co que se formarían as seguintes xeracións de compositores centroeuropeos.